15 jun. 2015

LETRAS GALEGAS 2015


As Letras Galegas este ano  están adicadas a Xosé Filgueira Valverde.

Fixemos moitas actividades para celebralo.
Cada curso elaborou un mural  baseado nun poema de Xosé Filgueira  
do libro  "6 Canciones de Mar " "in modo antico"
Nos fixemos o mural sobre o poema "Nosa Señora da Barca"
 e recitámolo moi ben no Salón de Actos.
Tamén  representouse a obra de teatro " A Abella Ultramariña"na que participaron
 alumnos e alumnas de diversos cursos . De  1º foron Iván B. e Xabi.
Despois cantamos todos xuntos   "Todos Somos Capitáns"






Podedes ver máis en "Raioteca" e no Blog de música " Cantos Mirados"

11 jun. 2015

OS MAIOS

"O Maio" é unha festa tradicional en toda Galicia. 
No noso colexio celébrase cada ano dun xeito moi especial.
Este ano celebramos "O Maio Mariñeiro" . Adornamos unha barca con moitas flores e froitos.
Na súa elaboración participou toda a comunidade educativa, mestres pais e alumnos.
A nosa clase decorou os remos con margaridas.
¡Quedounos precioso!