21 may. 2015

ABRIL: MES DOS LIBROS

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Coma flores na primavera  aparecen cada ano as "Madriñas e Padriños lectores" .
Nesta actividade o alumnado de 4º, 5º e 6º de E.P. leen un conto aos seus "afillados" e "afilladas"
 no seu lugar preferido do cole.


O equipo da Biblioteca en colaboración co E.N.D.L. propuxéronnos a actividade
 "Se eu fose un Libro" no que cada un de nós  tiña que elexir o libro que lle gustaría ser 
e  escribir unha breve explicación.
Tamén limos uns fragmentos do libro orixinal de José Jorge Letria
e déronse os premios aos mellores lectores. 
Na nosa clase o premio deste ano foi para Ainhoa, Parabens!!

 O día 24 de abril un grupo de alumnos e alumnas do cole representaron
 unha adaptación teatral de "Papirus".....
No  Blog de RAIOTECA  podedes atopar máis información.

13 may. 2015

MARZO: MES DA PRIMAVERA, DA POESÍA.....


Este ano celebramos  o día da Poesía e da Muller traballadora dun xeito moi especial:
 Coa   actividade "Andrade, Comeríate a versos"
Colocáronse poesías co tema do mar por todos os recunchos do cole.
Tivémolas que atopar e escoller a que máis nos gustaba para recitalas.



Para conmemorar o día da " Muller traballadora" fixemos unha homenaxe ás mulleres do mar,
As Mariscadoras, representadas por Ana, a nai de Bruno e Aitor,compañeiros do noso colexio.
Recitamos poesías sobre o mar e fixémoslle moitas preguntas sobre á súa profesión.
Grazas Ana!!
Tedes máis información en "Raioteca" e no blog de música "Cantos Mirados"