16 feb 2015

DIA DA PAZ

Este ano adicamos o Día da Paz a Malala Youszafai ,unha rapaza paquistaní galardoada aos 17 anos co Premio Nobel da Paz  pola defensa do dereito á educación das mulleres.
Coñecimos a súa vida e limos entre todos o "Libro de Malala".
Tamén cantamos unha canción árabe que fala de amor e paz. No Blog de Música podemos escoitar cancións do folclore de  Paquistán , o seu país.
Ao final compartimos os nosos traballos feitos en Ed. Artística cos demais compañeiros e compañeiras .

No hay comentarios: