28 feb. 2015

SAÍDA A FERROL 2015

O día 1 de febreiro tivemos unha saída á cidade de Ferrol. Visitamos o Museo Naval e o de
 Historia Natural. Gustáronnos moito e aprendimos moitas cousas interesantes.

16 feb. 2015

DIA DA PAZ

Este ano adicamos o Día da Paz a Malala Youszafai ,unha rapaza paquistaní galardoada aos 17 anos co Premio Nobel da Paz  pola defensa do dereito á educación das mulleres.
Coñecimos a súa vida e limos entre todos o "Libro de Malala".
Tamén cantamos unha canción árabe que fala de amor e paz. No Blog de Música podemos escoitar cancións do folclore de  Paquistán , o seu país.
Ao final compartimos os nosos traballos feitos en Ed. Artística cos demais compañeiros e compañeiras .