15 jun. 2015

LETRAS GALEGAS 2015


As Letras Galegas este ano  están adicadas a Xosé Filgueira Valverde.

Fixemos moitas actividades para celebralo.
Cada curso elaborou un mural  baseado nun poema de Xosé Filgueira  
do libro  "6 Canciones de Mar " "in modo antico"
Nos fixemos o mural sobre o poema "Nosa Señora da Barca"
 e recitámolo moi ben no Salón de Actos.
Tamén  representouse a obra de teatro " A Abella Ultramariña"na que participaron
 alumnos e alumnas de diversos cursos . De  1º foron Iván B. e Xabi.
Despois cantamos todos xuntos   "Todos Somos Capitáns"






Podedes ver máis en "Raioteca" e no Blog de música " Cantos Mirados"

11 jun. 2015

OS MAIOS

"O Maio" é unha festa tradicional en toda Galicia. 
No noso colexio celébrase cada ano dun xeito moi especial.
Este ano celebramos "O Maio Mariñeiro" . Adornamos unha barca con moitas flores e froitos.
Na súa elaboración participou toda a comunidade educativa, mestres pais e alumnos.
A nosa clase decorou os remos con margaridas.
¡Quedounos precioso!


21 may. 2015

ABRIL: MES DOS LIBROS

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Coma flores na primavera  aparecen cada ano as "Madriñas e Padriños lectores" .
Nesta actividade o alumnado de 4º, 5º e 6º de E.P. leen un conto aos seus "afillados" e "afilladas"
 no seu lugar preferido do cole.


O equipo da Biblioteca en colaboración co E.N.D.L. propuxéronnos a actividade
 "Se eu fose un Libro" no que cada un de nós  tiña que elexir o libro que lle gustaría ser 
e  escribir unha breve explicación.
Tamén limos uns fragmentos do libro orixinal de José Jorge Letria
e déronse os premios aos mellores lectores. 
Na nosa clase o premio deste ano foi para Ainhoa, Parabens!!

 O día 24 de abril un grupo de alumnos e alumnas do cole representaron
 unha adaptación teatral de "Papirus".....
No  Blog de RAIOTECA  podedes atopar máis información.

13 may. 2015

MARZO: MES DA PRIMAVERA, DA POESÍA.....


Este ano celebramos  o día da Poesía e da Muller traballadora dun xeito moi especial:
 Coa   actividade "Andrade, Comeríate a versos"
Colocáronse poesías co tema do mar por todos os recunchos do cole.
Tivémolas que atopar e escoller a que máis nos gustaba para recitalas.



Para conmemorar o día da " Muller traballadora" fixemos unha homenaxe ás mulleres do mar,
As Mariscadoras, representadas por Ana, a nai de Bruno e Aitor,compañeiros do noso colexio.
Recitamos poesías sobre o mar e fixémoslle moitas preguntas sobre á súa profesión.
Grazas Ana!!
Tedes máis información en "Raioteca" e no blog de música "Cantos Mirados"

25 mar. 2015

CONCIERTO DIDÁCTICO

O 17 de marzo asistimos  no Pazo da Ópera da Coruña ao concerto didáctico
 " Emilio Aragón e a Flor máis grande do mundo"

Tivemos a ocasión de poder ver e disfrutar dunha gran orquestra .
No Blog de música "Cantos Mirados" atoparedes máis información.

5 mar. 2015

ENTROIDO 2015

A serea Maruxa e o mariñeiro Antón presidiron este " Entroido  no Mar"

28 feb. 2015

SAÍDA A FERROL 2015

O día 1 de febreiro tivemos unha saída á cidade de Ferrol. Visitamos o Museo Naval e o de
 Historia Natural. Gustáronnos moito e aprendimos moitas cousas interesantes.

16 feb. 2015

DIA DA PAZ

Este ano adicamos o Día da Paz a Malala Youszafai ,unha rapaza paquistaní galardoada aos 17 anos co Premio Nobel da Paz  pola defensa do dereito á educación das mulleres.
Coñecimos a súa vida e limos entre todos o "Libro de Malala".
Tamén cantamos unha canción árabe que fala de amor e paz. No Blog de Música podemos escoitar cancións do folclore de  Paquistán , o seu país.
Ao final compartimos os nosos traballos feitos en Ed. Artística cos demais compañeiros e compañeiras .

23 ene. 2015

MOCHILA VIAXEIRA


Como todos os  anos a "Mochila Viaxeira" vai ás nosas casas para compartir o  tempo de lecer
coas nosas familias.

MOCHILA VIAXEIRA - Kizoa Movie Maker
Grazas Raioteca polo teu comentario e por permitirnos un curso máis "navegar polo mar dos libros"