24 dic. 2014

BO NADAL


BO     NADAL


Raioteca deséxanos  Felices festas ...e lembrade  "Un libro polo Nadal"

14 dic. 2014

SAÍDA A PONTEDEUME

Visitamos a Vila de Pontedeume, antiga residencia dos Condes de Andrade.
 Fixemos un percorrido guiado  polo porto, a lonxa, as rúas medievais,a igrexa parroquial , o torreón, a casa do Concello...




20 nov. 2014

TEATRO : " La verdadera historia de la cigarra y la hormiga "


LA VERDADERA HISTORIA DE LA CIGARRA Y LA HORMIGA

A compañía "Teatro del Andamio" representou no noso cole esta fábula
 amosada dende un punto de vista diferente, descubríndonos a cara descoñecida destes personaxes.





25 sept. 2014

BENVIDOS A 1º

 ¡¡ Benvid@s  ao novo curso 2014-2015!!
Comezamos a Primaria cheos de ilusións e con moitas ganas de aprender e disfrutar.
Somos os alumnos e alumnas de 1º de E. Primaria  e...podedes "contar connosco".
¡Feliz curso!

4 jun. 2014

VISITA Á GRANXA-ESCOLA



O dia 27 de maio visitamos a "Granxa-escola Belelle"
Participamos en distintos obradoiros nos que aprendimos a facer o pan,  a  plantar sementes ,
coidar as plantas e os animais e tamén montar a cabalo!!




26 may. 2014

LETRAS GALEGAS 2014 XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


Este ano 2014  as "Letras Galegas" adícanse a Xosé María Díaz Castro
 No  noso colexio celebrámolo con unha morea de actividades.... e para rematar fixemos unha romaría .



Se queredes ver máis, en... RAIOTECA

27 abr. 2014

GÚSTANOS LER


Este curso tamén participamos na "Mochila Viaxeira" compartindo cos compañeiros os nosos libros preferidos...
Tamén convertímonos en Contacontos para ler aos nosos compañeiros e compañeiras un conto.

23 abr. 2014

23 de Abril 2014 DIA DO LIBRO

Hoxe é o DÍA DO LIBRO e para celebralo
 fixemos a actividade de "Apadriñamento lector"
na que un compañeiro maior fai de padriño ou madriña, cóntannos un conto e dannos un agasallo.