21 dic. 2011

CELEBRANDO O NADAL

Celebramos o Nadal  
toda a comunidade educativa do  ceip. P.de Andrade


BO  NADAL   E   FELIZ 2012


FESTIVAL NADAL 2011

No festival do Nadal participaron este ano Papás e Mamás Noel, os números, animais como a lebre, o esquío.....e moitos máis.
FESTIVAL NADAL 2011  

20 dic. 2011

BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL



Si queredes máis información podedes clicar aquí

16 dic. 2011


6 de Novembro, DÍA DA CONSTITUCIÓN

Buscamos información sobre a nosa Constitución. Interesounos moito e aprendemos moitas cousas.


 

4 nov. 2011

FESTA DA FROITA 


CARREIRA SOLIDARIA CABAZAS DO SAMAÍN REFRÁNS DO OUTONO CONXURO DO SAMAÍN QUE BANQUETE ! on PhotoPeach

7 jul. 2011

¡ FELICES VACACIÓNS!

Desexo que o pasedes moi ben este verán.
  E lembrade que un libro sempre é unha boa compaña
para disfrutar e divertirse.
Lede moito!

29 jun. 2011

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Excursión fin de curso 2010/11



14 jun. 2011

LETRAS GALEGAS

Este ano están adicadas a Lois Pereiro.
Todo o colexio fixo un traballo sobre o seu poema
" Qué é Galicia?".
A nosa clase de 1º elaborou os murais de "FOGAR" e "PATRIA".
Tamén participamos en actividades coma "Salvar un libro"



Visitamos a A.V. O Olmo, alí poidemos ver oficios tradicionais e aprender algunhas técnicas.

9 jun. 2011

VISITA DE MARINE

A escritora Marine Lorenzo Corcoba e o ilustrador Jorge Vázquez viñeron visitarnos
e asináronos o seu libro " Un soño na bandexa".
Foi unha xornada moi emotiva

24 may. 2011

28-04-2011 SAÍDA GRANXA BELELLE

´Visitamos a Granxa Belelle en Neda.
Coidamos dos animais, plantamos na horta , fixemos o pan...
Pasámolo moi ben e aprendimos moito.

 

5 abr. 2011

22-03-2011 SAÍDA A MOUGÁ

Visitamos "RECICLATERRA" a aula da Natureza en Mougá.
Aprendéronos a reciclar papel e a coidar a natureza.
Foi moi divertido e tamén educativo



3 abr. 2011

21-03-201 DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Para celebrar o día mundial da poesía
 no noso colexio  fixemos "caligramas"
Estes son os da nosa clase.

29 mar. 2011

ALFABETO MEDIEVAL

Interesóunos moito a época Medieval, 
mesmo estivemos  vendo alfabetos medievais 
e fixemos as letras iniciais dos nosos nomes imitándoos.

28 mar. 2011

ENTROIDO ANDRADE

Este ano no noso colexio o tema do Entroido foi a
Época Medieval. Os nenos e nenas de 1º vestímonos de xoglares e coas nosas acrobacias fixemos rir a todos.

18 mar. 2011

XOGOS DE SEMPRE 16-02-2011

  Visitamos o colexio Mosteiro de Caaveiro na Capela.
 Alí os alumnos de 4ºcurso e o "profe" Xabier
 aprendéronnos moitos xogos tradicionais
coma o peón, os zancos,a mariola...
 Pasámolo moi ben xogando todos xuntos.



Se queredes saber máis sobre os xogos populares podedes clicar aquí

17 mar. 2011

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA 28-01-2011


Celebramos con moita alegría o día da PAZ.
 Todos os cursos participaron.
Nós, os de primeiro, fixemos entre todos
 unha lectura moi bonita sobre a non violencia.

DIA DA PAZ 


Podedes acceder á reportaxe de Raioteca clicando aquí.


13 mar. 2011

NADAL 2010


Nesta obra de teatro participamos todos os nenos e as nenas do noso colexio.
Foi moi divertida porque nela saían persoas ,comercios, empresas...coñecidos do noso contorno

BIBLIOTÓMBOLA



10 mar. 2011

9 mar. 2011

SAÍDA Á CAPELA

21-10-2010  SAÍDA Á CAPELA.

Visitamos un muíño no río Sesín, o museo etnográfico
e a casa do mel.