31 mar. 2016

EXCURSIÓN AO CONCELLO DE VILARMAIOR


Saída ao Concello de Vilarmaior para ver a Igrexa de Doroña, o Muiño das Ferreñas,
 o Centro de Saúde, a Casa do Concello e instalacións deportivas municipais
 e tamén admirar a súa fermosa paisaxe.


ENTROIDO 2016




ENTROIDO 2016





9 feb. 2016

DIA DA PAZ


O venres 29 de xaneiro, celebramos o Dia Internacional da Non Violencia e A Paz.
Baixo o lema "Paz no Vento, Paz no Mundo" cada clase expresou a súa idea para a paz.
Raioteca agasallounos cunha pequena obra de teatro baseada no libro
 "A Meiga Discordia" de Mamá Cabra y Carmen Gil.




Tedes máis información en Raioteca e Galeria de Fotos y Videos .

31 ene. 2016

GRANDES LECTORES


Como cada ano, Raitoca agasállanos coas "Mochilas Viaxeiras".
Esta vez, seguindo o proxecto "O lugar onde vivimos"´conteñen moita información sobre os
 catro concellos dos que proceden o alumnado do cole: Pontedeume, Miño, Vilarmaior e Monfero.
Levan guias, planos, folletos, mapas e tamén libros feitos polos propios nenos e nenas.
Esperamos disfrutar moito e chegar a ser uns grandes lectores.


28 ene. 2016

CLUB DE 2º. Feliz ano 2016

Os nenos e nenas do Club de 2º. empezamos este ano con grandes propósitos.
 Queremos medrar e aprender desenvolvendo  a nosa creatividade e enerxía,
con alegría e contando sempre cos nosos compañeiros e compañeiras.
Feliz Ano 2.016!!


15 jun. 2015

LETRAS GALEGAS 2015


As Letras Galegas este ano  están adicadas a Xosé Filgueira Valverde.

Fixemos moitas actividades para celebralo.
Cada curso elaborou un mural  baseado nun poema de Xosé Filgueira  
do libro  "6 Canciones de Mar " "in modo antico"
Nos fixemos o mural sobre o poema "Nosa Señora da Barca"
 e recitámolo moi ben no Salón de Actos.
Tamén  representouse a obra de teatro " A Abella Ultramariña"na que participaron
 alumnos e alumnas de diversos cursos . De  1º foron Iván B. e Xabi.
Despois cantamos todos xuntos   "Todos Somos Capitáns"






Podedes ver máis en "Raioteca" e no Blog de música " Cantos Mirados"

11 jun. 2015

OS MAIOS

"O Maio" é unha festa tradicional en toda Galicia. 
No noso colexio celébrase cada ano dun xeito moi especial.
Este ano celebramos "O Maio Mariñeiro" . Adornamos unha barca con moitas flores e froitos.
Na súa elaboración participou toda a comunidade educativa, mestres pais e alumnos.
A nosa clase decorou os remos con margaridas.
¡Quedounos precioso!


21 may. 2015

ABRIL: MES DOS LIBROS

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Coma flores na primavera  aparecen cada ano as "Madriñas e Padriños lectores" .
Nesta actividade o alumnado de 4º, 5º e 6º de E.P. leen un conto aos seus "afillados" e "afilladas"
 no seu lugar preferido do cole.


O equipo da Biblioteca en colaboración co E.N.D.L. propuxéronnos a actividade
 "Se eu fose un Libro" no que cada un de nós  tiña que elexir o libro que lle gustaría ser 
e  escribir unha breve explicación.
Tamén limos uns fragmentos do libro orixinal de José Jorge Letria
e déronse os premios aos mellores lectores. 
Na nosa clase o premio deste ano foi para Ainhoa, Parabens!!

 O día 24 de abril un grupo de alumnos e alumnas do cole representaron
 unha adaptación teatral de "Papirus".....
No  Blog de RAIOTECA  podedes atopar máis información.

13 may. 2015

MARZO: MES DA PRIMAVERA, DA POESÍA.....


Este ano celebramos  o día da Poesía e da Muller traballadora dun xeito moi especial:
 Coa   actividade "Andrade, Comeríate a versos"
Colocáronse poesías co tema do mar por todos os recunchos do cole.
Tivémolas que atopar e escoller a que máis nos gustaba para recitalas.



Para conmemorar o día da " Muller traballadora" fixemos unha homenaxe ás mulleres do mar,
As Mariscadoras, representadas por Ana, a nai de Bruno e Aitor,compañeiros do noso colexio.
Recitamos poesías sobre o mar e fixémoslle moitas preguntas sobre á súa profesión.
Grazas Ana!!
Tedes máis información en "Raioteca" e no blog de música "Cantos Mirados"